Friday 10 de May de 2024

“Musicanta” con Pablo Díaz na Biblioteca Municipal de Fene


O músico Pablo Díaz visitará próximamente a Biblioteca Municipal “Pérez Parallé” de Fene co seu último espectáculo, “Musicanta”. Trátase dun taller de canto, música e xogos en galego. A actividade, dirixida a nenos/as de 4 a 9 anos, desenvolverase o venres 25 de setembro ás 18 horas.

Segundo informan dende a biblioteca municipal, o aforo é limitado polo que, para asistir, é preciso inscribirse previamente na biblioteca, presencialmente ou a través do teléfono 981 34 23 02, no seguinte horario: de luns a venres, de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.